Hola, Avanza Malpica informa…
Fai uns meses dende esta páxina “denunciamos” a situación de perigosidade na que se encontraba o contedor amarelo( debido a que non contaba co amarre de seguridade) estando situado en pendiente moi pronunciada e en zona moi transitada tanto por vehículos como por peóns…

Ó pouco tempo este contedor amarelo foi retirado ( pensando dende AVANZA MALPICA que sería para realizar a obra para a instalar a medida de seguridade para o seu axeitado amarre…)
Pero a realidade é que o contedor foi retirado da súa ubicación, eliminando deste xeito a posibilidade dos veciños de depositar os residuos nunha zona cercana as suas vivendas…( Obrigandoos así a desprazarse para poder tirar os seus residuos…)
Últimamente estamos a oír por Malpica que os impostos están “moi caros”… Como mínimo os veciños do concello terian que ter todos os servizos polos cales están pagando…o que non é de recibo e que se eliminen contedores do lixo para así evitar ter que instalar un amarre de seguridade para evitar posibles accidentes…por iso dende AVANZA MALPICA instamos ós gobernantes do Concello a que…
¡¡¡ ARRANXEN ISTO XA !!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *