Avanza Malpica informa hola, fai uns días chegounos unha queixa de que unha barandilla de protección do acceso a praia de Canido ( Malpica) estaba rota e que chegou a desprenderse da sua ubicación, ( quedando ese tramo totalmente inseguro como pode verse nas imaxes, ata a sua reparación…)
Pero o problema vai mais alá…como tamén se pode ver nas imaxes, hai uns graves desperfectos noutra barandilla de protección que tamen da acceso á zona de Canido…esa barandilla da escaleira tamén tivo no seu día unha rotura coa consecuencia de caída dunha persoa( isto é moi grave…) pero o mais grave é que o estado segue a ser moi perigoso…nestas fotografías podense ver cómo as anclaxes están totalmente podridas ( normal que se rompan…) As medidas de seguridade estan para evitar accidentes, e deben ter un mantemento axeitado…á vista está que non é así…por iso dende AVANZA MALPICA instamos ós gobernantes do concello de Malpica
¡¡¡ ARRANXEN ISTO XA!!!
