🌊⚓ Malpica, outra vez sen as Festas do Mar! 😔

Por mor da nefasta xestión dos actuais gobernantes municipais, Malpica volve quedar sen celebrar as súas tradicionais Festas do Mar.

Cómpre lembrar que estas festas están dedicadas á xente do mar, ás persoas que, co seu traballo e sacrificio, fixeron medrar o noso pobo e que, por desgraza, nalgúns casos tamén perderon a vida no mar. 🌊🕊️

Os responsables municipais teñen tamén a obriga de manter vivas as tradicións que forman parte da identidade de Malpica, e entre elas están unhas festas tan importantes e tan sentidas pola veciñanza.

❌ Un ano máis, Malpica queda sen unha das súas celebracións máis emblemáticas.

😞 En definitiva, un auténtico desastre para o noso pobo.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *