Hola, AVANZA MALPICA informa…
Xa hai tempo que vimos avisando desta posible situación que hoxe se converteu nun problema…como se pode apreciar nestas imaxes hai pedras deste muro caídas na rúa…dende hai xa tempo, os veciños do Escorial veñen reclamando a distintos membros do goberno municipal, que tomaran medidas para evitar este problema… pero como se pode ver, “non fixeron caso algún”… nesta zona de Malpica teñen dificultades para que poidan acceder os veciños cos seus vehículos, pero o peor é que en caso de urxencia, non poden acceder a servizos tales como bombeiros ou ambulancias…e de poder facelo, teñen moitas dificultades por culpa do estado lamentable da rúa…
Agora ainda por riba vese perfectamente que están a caer pedras dun muro colindante coa rúa…( Agravando ainda máis os problemas )… Dende AVANZA MALPICA solicitamos que con carácter de urxencia, se faga a obra necesaria para dar espazo, e sobretodo seguridade a esta rúa da zona do Escorial…eses veciños tamén pagan impostos Ó concello, e polo tanto teñen que ter os servizos necesarios para o desenrolo da súa vida cotiá…por iso dende AVANZA MALPICA instamos os gobernantes do Concello de Malpica a que…
¡¡¡ ARRANXEN ISTO XA !!!
