Facémonos eco deste enlace da noticia (https://farodacosta.com/o-contrato-municipal-establece-socorrismo-nas-praias-de-area-maior-e-canido-ata-o-14-de-setembro/actualidad/) publicada en Faro Da costa, nela aparecen comentarios dun grave acontecemento como é o dunha situación de risco (AFOGAMENTO) na praia de Canido sufrido por unha bañista, de non ser por usuarios da praia que socorreron a esta muller, poderiamos estar falando dun suceso MORTAL, nesta publicación que aparece en Faro da Costa temos a disposición o boletín de contratación provincial do servizo de socorrismo para a praias de Area Maior e Canido, nel pódese ver que o remate do servizo de socorro podería estenderse ata o 14 de Septembro, parace ser según testemuñas da vila que dende o pasado día 1 xa non existe este servizo de socorrismo, dende AVANZA MALPICA manifestamos a nosa preocupación e queixa de seren certas estas informacións, queremos resaltar que a veciñanza de Malpica tamén ten dereito a seren socorridos. Parece que só teñen dereito a seren socorridos, aqueles visitantes que por motivos estivais, se acercan a Malpica a disfrutaren do noso entorno, pois a súa marcha desaparece o servizo de socorrismo, cando no boletín oficial da provincia pon que se podería extender hasta o día 14 deste mes de Septembro, por iso volvemos a facer a pregunta, GOBERNANTES DO CONCELLO DE MALPICA, POR QUÉ NON TEMOS SOCORRISTAS NAS PRAIAS DO CONCELLO???

Enlace de la noticia de Faro da costa:

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *