Avanza Malpica informa…
A empresa Suelo Empresarial del Atlántico S.L. (SEA) Como se pode ler nesta nova, está a tramitar a ampliación do polígono industrial da Laracha, dado que se está a quedar sin suelo libre no polígono xa existente…
Malpica ten un polígono industrial participado tamén por dita empresa Suelo Empresarial del Atlántico S.L. (SEA)… En Malpica como na Laracha goberna dende fai anos o Partido Popular, pero nun polígono créase emprego e noutro crecen as silveiras…xa sei que dirán que a Laracha está preto a A Coruña e que iso facilita a instalación de empresas… pero cabe destacar que Ponteceso ten o polígono industrial máis lonxe a A Coruña e tamén está a tramitar a ampliación do seu suelo porque xa apenas lle queda libre no xa existente…(e non falemos xa de Carballo con practicamente todo o seu suelo esgotado…)estas situacións dan que pensar …parece coma se nos concellos limítrofes con Malpica, os seus gobernantes traballasen máis e mellor para o desenrolo industrial no seus concellos (pois demostrado queda que a distancia A Coruña e estar participado por a empresa (SEA) non son un problema noutros casos …) por ISO dende AVANZA MALPICA volvemos pedir a que se tomen todas as medidas necesarias para a implantación de proxectos empresariais no polígono industrial de Malpica para así crear postos de traballo e evitar a despoboación que nos últimos anos está sendo un grave problema especialmente en Malpica…
Por iso dende AVANZA MALPICA solicitamos ós señores gobernantes do concello de Malpica…
¡¡¡ ARRANXEN ISTO XA !!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *