Hola, en AVANZA MALPICA facémonos eco desta noticia…como se pode ler, o concello limítrofe de Ponteceso conta con duas novas casas para o coidado dos seus maiores, con 10 novas prazas de carácter gratuito…en Malpica nin sequera son capaces de abrir (despois de anos con “falsas promesas”…) o centro de día situado en Buño.
Tanto en Malpica como en Ponteceso goberna o mesmo partido (PP), tamén sen goberno con maioria absoluta… pero parece ser que uns gobernantes toman “máis en serio” o cargo que desempeñan e polo cal cobran… Dende AVANZA MALPICA esperamos que dunha vez por todas, se abra o CENTRO DE DÍA para así poder atender as necesidades dalgúns veciños do concello de Malpica…por iso dende AVANZA MALPICA pedimos ós gobernantes do concello de Malpica.
¡¡¡ ARRANXEN ISTO XA !!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *