Avanza Malpica informa, este é o estado actual de moitas farolas do pobo, tamén doutras zonas do municipio…estas concretamente están situadas na Rúa Eduardo Pondal. Parece que estes gobernantes que estamos a “SUFRIR” non teñen “ningunha intención” de manter en perfectas condicións os actuais servizos de alumeado público…como se pode ver perfectamente nestas imaxes.
Dende AVANZA MALPICA estamos constantemente a publicar todo tipo de carencias e necesidades repartidas por todo o municipio, (e de seguro que ainda nos quedan moitas por publicar), estes gobernantes recibiron o apoio maioritario do Pobo para que mellorasen ou polo menos se mantivesen os servizos públicos en perfectas condicións, (NON está sendo así), dende AVANZA MALPICA non entendemos o porqué destas situacións…
Os cartos dos presupostos polo que parece gastanse todos, e ainda parece ser que non chegan … ¿EN QUE SE GASTAN?
Porque en mantemento dos servicios (iluminación, basura, alcantarillado, traída de augas, aceras, varandas de seguridade, limpieza de cunetas, praias, servicio de atención os maiores,etc…) parece polo que se ve, NON todos os necesarios.
Por iso dende AVANZA MALPICA pedimos ós gobernantes do concello de Malpica.
¡¡¡ARRANXEN ISTO XA!!!
