Avanza Malpica informa: como se pode ler nesta noticia, parece ser que o goberno local de Malpica está a intentar facerse co uso dun espazo dedicado dende sempre a actividades portuarias, isto débese a que MALPICA non ten espazos de aparcamento e actividades varias…o actual goberno de Malpica ante a súa inoperancia intenta “sustraer” espazo á cofradía de pescadores…o goberno está na obriga de dar servizos públicos axeitados á cidadanía, pero para iso non ten dereito a “apoderarse” dun espazo que dende sempre foi de uso para os pescadores…este goberno está actuando de maneira “caciquil” ó intentar a concesión con cambio de uso sen ter en conta as necesidades dos pescadores de Malpica.
Excelentísimo señor alcalde Eduardo Parga NON prive ós pescadores de Malpica dos seus espazos, busque alternativas viables para cubrir as necesidades dos veciños e visitantes de Malpica, é a súa obriga como máximo responsable do goberno local.
Por iso dende AVANZA MALPICA pedimos ós gobernantes do concello.
¡¡¡ARRANXEN ISTO XA!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *