Avanza Malpica informa : Que digan a “verdade”…Esta noticia chamoume moito a atención, resulta que sen falta e con moito retraso, vanse a realizar melloras da Rúa San Ramón no barrio de A ATALAIA… ( Sen falta non é…) pero tamén a realidade é que durante aproximadamente dous meses, a veciñanza vai ter problemas para poder realizar a sua vida cotiá, e todo por culpa de NON ter unha boa planificación para dita obra…Temos que ter en conta que non deron tempo a facer acopios (avisaron este domingo) de víveres ou simplemente bombonas de butano para así evitar os problemas vindeiros nos próximos días.
O barrio de A ATALAIA vai quedar totalmente aislado, a veciñanza terá que subir e baixar a pé a cada momento e por cada cousa ( xente maior e peor ainda, xente con limitación de movilidade…) Dende AVANZA MALPICA pedimos con insistencia que se faga un novo acceso o barrio de A ATALAIA e que dunha vez por todas a sua veciñanza NON sexa tratada como de “segunda” esta obra de mellora é moi necesaria pero vai a traer moitos problemas a veciñanza de A ATALAIA por mala planificación… Dende AVANZA MALPICA esperamos que non axa ningunha desgraza no barrio, pois de ser así, os servizos de socorro non terian maneira de poder axudar con todolos seus medios por imposibilidade de acceso…queda demostrado outra vez a “NEFASTA PLANIFICACIÓN” a hora de gobernar por este gobierno municipal… Dende AVANZA MALPICA apoiamos todalas obras de melloras, pero BEN planificadas.

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *