Avanza Malpica informa:
¡¡¡ASÍ NON!!! Excelentísimo señor alcalde de Malpica. Esta noticia publicada a mediados deste xaneiro, deixa en evidencia que tanto os veciños de Malpica como os das bisbarras cercanas importámoslle moi pouco ós responsables da Xunta De Galicia…isto xa está sobrepasando calquera tipo de pacencia…resulta que todos os veciños, temos que seguir a pagar unha peaxe totalmente inxustificada, unha peaxe que no seu momento ninguén entendeu como xusta, dado que os terrenos expropiados para a súa construcción foron pagados coma se fosen para unha autovía de carácter gratuito…(Corríxame se estou nun erro …)Moito do declive que está a sufrir toda esta zona e moi especialmente Malpica, está alineada por esta peaxe…dado que é un sobrecusto para as empresas, pero moi especialmente para todos aqueles traballadores que diariamente se teñen que desprazar a A Coruña para poder ganarse a vida…Quérolle recordar que vostese foi elixido alcalde de Malpica para defender os intereses e solucionar as necesidades da veciñanza (non para “compracer ós xefes territoriais” e así poder manter o posto de número 1 do partido no cal milita…) Espero que en breve faga a queixa oportuna e se é necesario convoque á veciñanza para que quede de manifesto a total repulsa a esta peaxe…Dende Avanza Malpica esperamos que vostede teña esa iniciativa como responsable máximo do concello, de non ser así quedará “retratado” con todos aqueles veciños de Malpica cada vez que pasen por esa PEAXE…
Un saúdo, Javier Ferreiro.
