Avanza Malpica informa, nestes días pasados recibimos queixas dun veciño de Mens, en referencia ó estado de total abandono que está a sufrir a contorna…onte acudimos á noitiña pois fomos informados de que atopariamos un faro de iluminación pública totalmente cuberto pola maleza (alucinei ó velo…) tamén se nos comentou que hai varios espellos rotos ( son moi necesarios para a seguridade dos veciños…) fomos informados do estado lamentable dalgúns contedores do lixo (incrible sistema de amarre…) pero sobre todo o que máis preocupa é o estado da maleza en xeral, xa que está a provocar situacións moi perigosas ós viandantes, dado que se ven na obriga de camiñar pola estrada e ó circular os vehículos hai risco de atropelos…dende AVANZA MALPICA non entendemos cómo se poden permitir estas situacións por parte dos responsables do concello ( isto é unha vergoña) NON se pode permitir máis esta “tomadura de pelo”…por iso dende AVANZA MALPICA pedimos ós gobernantes do concello.
¡¡¡ARRANXEN ISTO XA!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *