Hola, Avanza Malpica informa; hoxe recibimos por parte dunha concelleira do concello de Malpica este enlace dunha noticia da Voz De Galicia… aquí podese leer que só unha praia de Malpica vai ter servizo de socorrismo dende o día 15 de este mes de xuño… algo que nos alegra moito, pero tamén cabe destacar que só na praia de Area Maior, con seis prazas de socorrismo… dende AVANZA MALPICA nos facemos a seguinte pregunta…¿ Cal e o motivo porqué “aparentemente non” se vai a ter ese servizo de socorrismo en outras praias do concello? Nas praias de Canido, Seiruga, Seaia, Beo ou Barizo entre outras…”non parece” que vaian a ter ese servizo tan necesario para poder evitar posibles accidentes…esas praias son moi visitadas tanto por foráneos como polos propios veciños da zona…dende Avanza Malpica pedimos que esta situación sexa correxida de inmediato…os usuarios das distintas praias do concello teñen dereito a unha seguridade en caso de emerxencia… AVANZA MALPICA felicita a xestion do concello, en tanto o servizo de socorrismo na praia de Area Maior pero tamén pedimos que de inmediato, se doten dese servizo de socorrismo os demais areais de Malpica…do contrario pode parecer que hay “favoritismo” por parte do concello cara os usuarios das praias… Por iso dende AVANZA MALPICA instamos a os gobernantes do concello de Malpica a que…¡¡¡ ARRANXEN ISTO XA !!!
