Avanza Malpica insta o goberno municipal a reparar a pista que vai do colexio ata a praia de Seaia, dita pista supón un risco para a circulación e tamén para as picadas e amortiguadores dos vehículos. Ademas queremos advertir do perigo que supón seguir a pista de fronte cara á praia de Seaia, xa que ao entrar non hai ningunha sinalización de estrada sen saída unha vez dentro. Tamén Instamos o goberno municipal a pavimentar o chan de dita pista e así evitar danos nos vehículos, por outra parte e moi necesario que se habiliten novas prazas de aparcamento para a devandita praia. Tamén destacar que nin o contedor que hai nesta pista, nin os que hai no aparcamento principal están amarrados, o que supón un risco engadido para as persoas e vehículos que vaian á praia. Señores gobernantes do concello de Malpica, ¡ARRANXEN ISTO XA!
