Avanza Malpica informa: Cómo se pode ler nesta noticia, Malpica segue quedando atrás en melloras de infraestructuras e servizos en comparación cos concellos limítrofes…de seguir así, sen ningunha mellora por parte dos servizos á veciñanza (aínda que se endebede o concello) a mocidade de Malpica está abocada a ter que marchar do concello para buscar noutros concellos os servizos necesarios para poder desenrolar a súa vida máis comodamente. Temos que ter en conta que o pobo (centro) está cada vez máis baleiro coa merma económica que iso significa para o comercio en xeral… Tamén temos o núcleo de Buño e Leiloio (xa hai tempo que deixou de ser o que era…) totalmente abandonado e sen ningunha iniciativa para revertir a situación… E por último pero non menos importante o conxunto das parroquias (estas sí que son unha pena total e absoluta) sen beirarrúas, sen iluminación axeitada, sen auga da traída, sen saneamento por alcantarillado, un servicio de atención ó maior moi mellorable etc… Industrialmente Malpica non ten iniciativa algunha a nivel municipal (iso nótase no día a día…) por outra parte, Malpica está sen Plan Xeral de Ordenación Municipal, peza clave para o desenrolo de calquera concello…en fin, un auténtico DESASTRE.
Por iso dende AVANZA MALPICA pedimos ós gobernantes do concello.
¡¡¡ARRANXEN ISTO XA!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *