Avanza Malpica Informa:

¿EN QUE SE GASTA O DIÑEIRO?
Esta pregunta fana todos os días os veciños e veciñas do municipio de Malpica…non se ven melloras por ningún lugar, ó contrario…apréciase un abandono xeralizado en toda a bisbarra, e resulta que hai un mes a este goberno municipal ocórreselle subir as taxas e impostos…a escusa é moi “lóxica” (pasar de pesetas a euros…) dende AVANZA MALPICA non entendemos que se os servizos non melloran ¿Por qué se teñen que subir os impostos?
E outro tema, ¿tan ocupados estiveron que aínda non cambiaron de pesetas a euros?
Miña nai qué desastre de xestión… dende AVANZA MALPICA pedimos que deixen ese “AFÁN RECAUDATORIO” e melloren os servizos da veciñanza de Malpica.
¡¡¡ARRANXEN ISTO XA!!!

Deixa unha resposta

O teu enderezo electrónico non se publicará Os campos obrigatorios están marcados con *