¡¡¡Outra máis!!!… “buscando” o declive económico do pueblo de Malpica…Dende Avanza Malpica estamos a ver con moita preocupación, como cada vez que se toma unha decisión dende o grupo de goberno municipal, estase a “penalizar” a actividade económica comercial do pobo de Malpica. Xa non chega co abandono das instalacions da praza de abastos, nin a falta de un aparcamento o suficientemente cerca do centro urbano, ahora parece que están decididos a sacar o Centro Médico do centro do pobo, non se sabe realmente para qué… dicen que é para mellorar os servicios sanitarios, ( en que hay que mellorar os servicios sanitarios estamos totalmente de acordo) tarde chegarán esas melloras… O que non entendemos é que con eses cartos… ¿Porqué non se arregla o Centro Médico que xa temos, e o dotamos con servicio de urxencias ? E postos a querer mellorar os servicios sanitarios, que en Malpica se teña base para unha ambulancia tan necesaria nesta Vila… Esta sí que é unha forma de mellorar os servicios sanitarios, e non se vería mermada a xa escasa actividade económica comercial do pueblo de Malpica… E dediquen ese solar que se acaba de mercar a un aparcamento tan necesario para Malpica sobretodo na temporada de verano… Se se saca o Centro Médico do lugar actual, será un gran problema para o comercio de Malpica e para todos o seus veciños… Con todo isto nos facemos unha pregunta en Avanza Malpica ¿ Porqué estes gobernantes queren “fundir” Malpica? Eles sabrán…
