Avanza Malpica informa:
Excelentísimo señor Alcalde…menuda xestión levamos…fai uns días foi a Festa Da Olería, unha festa de recoñecemento a nivel Nacional, e gracias ó esforzo dos actuais organizadores volveu ter a esencia inicial de dita festa… simplemente ensalzar, e dar a coñecer o bo traballo dos artesáns do BARRO en Buño… pero botouse de menos a colaboración do Concello de Malpica… parece ser que se non se organiza este evento por parte de algún “mandamais” do goberno municipal, os veciños de Buño non teñen “dereito” a ningún tipo de apoio por parte do goberno municipal…( Xa sei que algúns dirán que se rexeitaron axudas… tamén sería bo saber qué tipo de axudas…) Pero é normal que por dignidade se rexeite aquelo que non é ofrecido de boa gana… Despois por se nos parecera pouco… enterámonos que a asociación encargada da organización da Festa Do Mar tamén ten problemas co goberno municipal e decidiron NON organizar este ano ditas Festas… Según aparece escrito nalgunha noticia, incluso recibiron “menosprecio” dalgún membro do goberno municipal… parece ser que casualmente todas as queixas van dirixidas a un concelleiro, ¿ Que está a pasar para que un día sí e outro tamén, ese concelleiro estea no medio das discrepancias con asociacións do concello de Malpica? E de ser así, ¿por que o Excelentísimo señor Alcalde non o substitue? ¿Como é posible que se poida manter nun cargo de tanta responsabilidade a alguén que está sempre ou así parece ser…en continuas discrepancias con distintas asociacións do concello…? Por todos é sabido que “ó mellor” o sueldo do Excelentísimo señor Alcalde depende do voto dese concelleiro…
Pero señor Alcalde, esto xa empeza a tomar un rumbo cara as pedras…de seguir así esto terminará en total desastre…teña en conta que vostede é alcalde de todos os veciños do concello de Malpica, e así ten que actuar… vostede verá cómo quere ser recordado…como un gobernante con bo criterio e responsabilidade do cargo…ou como un gobernante que simplemente atendía o cobro da nómina mensualmente…hai veces que é boa cousa pararse a meditar e tomar decisións en favor da veciñanza…por iso fale coa oposición e intente ter un goberno estable, e tomen entre todos decisións que fagan AVANZAR a todo o concello de Malpica. Esperando que tome a mellor decisión para todos os veciños de MALPICA…un saudo, Javier Ferreiro.
